A Casa da Cultura de Muimenta acolle o día 18 un curso sobre o solo pélvico

A Casa da Cultura de Muimenta acolle o día 18 un curso sobre o solo pélvico, que é e como recuperalo.

Neste curso explicaranse as principais disfuncións do solo pélvico como as pérdidas de urina, a constipación, a dor durante as relacións sexuais e outros porblemas.

Comentaranse os aspectos psicolóxicos que poden influír na evolución correcta dun tratamento de rehabilitación.

E aprenderase a identificar os principais principios e técnicas de fisioterapia que se aplican na rehabilitación.

Esta xornada estará impartida por Patricia Pontón, fisioterapeuta e membro da Comisión de Solo Pélvico do CoFiGa.

Etiquetas