Skip to main content
Lourenzá

16 centros escolares da Mariña homenaxean a Fernández del Riego no Correlingua en Lourenzá

Por 30 Maio, 2023Sin comentarios

Con Mekánika Rólling Band, gañadora do concurso Cantalingua, con Brais das Hortas e todas presentadas por Isabel Risco, Vilanova de Lourenzá homenaxeará hoxe a Fernández del Riego cun Correlingua que se celebrará na localidade de nacemento.

A carreira e o concerto farán a festa da lingua en Lourenzá, unha festa na que o alumnado do IES Illa de Sarón de Xove lerán o manifesto desta edición do Correlingua. Estas actividades foron suspendidas o pasado 16 de maio, data inicial da celebración, a causa do mal tempo.

Horarios

  • 10.45 Saúda de Isabel Risco e comezo do percorrido.
  • 11.00 Actuación de Brais das Hortas para alumnado infantil.
  • 11.50 Presentación de Isabel Risco e lectura do manifesto polo alumnado do IES Illa de Sarón de Xove.
  • 12.00 Concerto Mekánika Rolling Band
  • 12.45 Peche de Isabel Risco