Skip to main content
A PastorizaActualidade

Pousada, no Concello da Pastoriza estará de festa o 21 e 22

Por 16 Setembro, 2019Sin comentarios

A parroquia de Pousada, no Concello da Pastoriza, estará de festa o 21 e 22 de setembro nas que celebrará as súas grandes festas na honra a Nosa Señora do Rosario.

Os actos darán comezo o sábado ás 13.30 horas cunha misa solemne seguida de procesión e sesión vermú a cargo da orquestra Dilema, que será a mesma que poña a nota musical pola noite xunto a orquestra Charleston Big Band.

O domingo continuarán as celebracións con unha nova misa ás 13.30 e procesión con Gaitas Galegas.

Despois será a sesión vermú a cargo da orquestra Kalima 3.0.

A organización recorda que haberá campo cuberto con carpa e amplos aparcadoiros.