Skip to main content
Actualidade

As Pontes organiza un taller de mellora da comunicación familiar

Por 18 Setembro, 2019Sin comentarios

A asociación Adiante, das Ponte, abre o prazo de inscrición para todas as nais e pais do concello que estén interesado en participa no seu programa de MELLORAR A COMUNICACIÓN FAMILIAR: un instrumento de prevención, negociación e resolución de conflitos.

O inicio deste programa terá lugar para a segunda quincena de outubro e a súa duración é ata o mes de xuño, realizándose unha sesión por mes.

As persoas interesadas poden realizar a inscrición a través do correo adiante@hotmail.com, no teléfono 638 471 793, a través de whatsApp no mesmo número e no local da asociación sito na R/Balsa 28 baixo esq. de As Pontes, indicando nome e apelidos e número de teléfono.