Muras organiza unha viaxe apícola este sábado

Coincidindo cunha das xornadas da Feira do Poldro e do Gando de Monte, a Casa do Mel de Goente-As Pontes organiza xunto co Concello de Muras unha ruta apícola   o sábado 21 de setembro ás 9:30.

Esta actividade, que leva por nome Viaxe Apícola comezará cunha visita ao cumio do monte Caxado e a visita a tres explotacións apícolas, así como á capela de Pena de Francia.

Os participantes terán un xantar en Muras antes de sumarse á primeira xornada da feira do Poldro. Participarán na palestra a cargo de Puraga O cabalo galego en Muras.

Esta actividade ten un prezo de 30 euros por persoa, bus e xantar incluídos. Os interesados deberán contactar no teléfono 661 003 616.

Ademáis, en novembro volverá celebrarse a Feira do Mel, unha das actividades estrela da programación anual de Muras.

Etiquetas