Skip to main content
ActualidadeMeira

O Pedregal de Irimia acolle unha nova edición da Festa da Afirmación e a Dignidade

Por 19 Setembro, 2019Sin comentarios

Este sábad0, 21 de setembro, terá lugar a VII Festa da Afirmación e a Dignidade no Pedregal de Irimia organizada pola Irmandade Manuel María e a Asociación Xermolos, coa colaboración do Concello de Meira.

O programa dará comezo ás 12.00 horas coa lectura do Manifesto da Afirmación e Dignidade, feito por Baldomero Iglesias Mero, así como dos comunicados elaborados por varios colectivos: representantes da Irmandade Manuel María, representante de Asociación Ecoloxista Adega, representante dos compañeiros e compañeiras privadas de liberdade por mor da lealdade á Terra e á Patria Madia Leva, representante da Asociación Poeta Avelino Díaz e outros.

Realizarase a entrega das Mans de Irimia, obra do creador Manuel Pardo Lopez de Meira, “ao distinguido amigo e profesor do entendemento desde a palabra e para os feitos” Isaac Alonso Estraviz, cun recoñecemento a Bernardo Penabade.

A título póstumo a recibirán a distinción Santi Caneiro, “construtor de tantas melodías e soños, amigo que recentemente foi navegar outras nostalxias”, do que fará unha memoria do seu labor e merecementos Mero. O premio será entregado á súa compañeira e a filla María.

A parte musical da sesión correrá a cargo do Grupo de Gaiteiros do Padroado de Cultura Concello de Narón. Farase ao pé da ara de Prisciliano, obra de Xose Val Diaz.

Non faltará o xantar popular, ás 14.00 horas. Os interesados en asistir deben inscribirse coa organización (teléfonos: 646 413 890 / 630 217 035), e aboar 22 euros.

Finalmente, ás 16.30 horas rematará a programación cos recitais de música e poesía, na Praza do Convento de Meira, a cargo das Pandereteiras Nove Ferreñas de Meira, Cantareiras Sócratas e outras agrupacións musicais.