Arrinca en Castro de Rei unha nova edición do programa Educando en Familia

Comezan un ano máis en Castro de Rei as reunións informativas sobre o programa Educado en Familia, que será impartido polas orientadoras do anterior Preescolar na Casa.

Este programa educativo, financiado exclusivamente polo Concello, vai dirixido ás familias con nenos e nenas que teñan entre 0 e 3 anos de idade acudan ou non a outros centros educativos. O obxetivo do mesmo é contribuír á formación das familias e axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos nenos a través de diversas actividades axeitadas a cada idade e aproveitamento da contorna dun xeito consciente e reflexivo para reforzar a competencia educatica familiar.

No Concello de Castro de Rei a primeira reunión informativa terá lugar o 25 de setembro, ás 17.30 horas, no local social da antiga Biblioteca Pública de Castro de Ribeiras de Lea.

Etiquetas