Skip to main content
AbadínActualidade

O PSOE de Abadín denuncia o mal estado da ponte da área recreativa de Gontán

Por 24 Setembro, 2019Sin comentarios

O voceiro socialista de Abadín, Pablo Díaz, denunciou que “tres persoas caeron ao río na área recreativa de Gontán polo lamentable estado da ponte neste enclave”, e advirte que “puido ocorrer unha desgraza máis grande, que só quedou nun susto”.

Así as cousas Díaz avanza que preguntará na vindeira sesión plenaria, “si o alcalde ten intención de convocala, quen realiza o mantemento desta area recreativa, e por que non se tomaron as medidas oportunas para que non ocorrera este accidente”.

O voceiro sinala ademais que o alcalde foi informado pola oposición e polos veciños do mal estado no que se atopaba esta Área Recreativa, e precisamente neste enclave celebrouse tamén fai uns meses un campamento de nenos. “Por todo isto queremos saber si o Concello de Abadín conta cos permisos correspondentes para poder ter aberto ao publico esta enclave?”, dixo Díaz.

Investimento da Deputación
Lembra ademais o investimento da Deputación a través do Plan Único neste entorno “xa que fixo posible a mellora nesta Área cun investimento de preto de 50.000 euros, xunto co Concello. Pero a deixadez e a desidia do alcalde é bastante lamentable como queda patente”, espetou.