O Concello de Begonte realiza mañá a recollida de residuos domésticos

O Concello de Begonte procederá mañá, 26 de setembro de 2019, á recollida de enseres domésticos nas parroquias de Begonte, Pacios, Baamonde, Bóveda, O Castro, San Vicente, Santalla, Cerdeiras, Donalbai e Viris.

Os interesados no servizo deberán chamar previamente ó teléfono 982 39 61 43 para informar dos enseres a recoller.

A recollida realizarase de forma domiciliaria, iniciándose ás 6:00h da mañá e debendo estar depositados os enseres en lugares accesibles para a súa carga co camión pluma.

Etiquetas