O 28 será a presentación dun libro sobre a historia de dous irmáns emigrantes de Ourol e Muras

O día 28 de outubro será a presentación do libro de historia de Jose María e Manuel Riguera Montero, dous irmáns emigrantes das montañas de Ourol e Muras.

Esta presentación será no local social ás 18.00 horas e estará o autor José Manuel López Chao e o impresor Manuel López Martínez.

Haberá unha charla coloquio deste libro de investigación sobre a vida e pegada de dous irmáns que emigraron dende as montañas dos concellos de Ourol e Muras no XIX, o acto rematará con pinchos para os asistentes.

Etiquetas