Carballo Vivo de Friol celebra o sábado a ruta a cabalo e bici polo monte

A Asociación Carballo Vivo de Friol celebra este sábado 28 de setembro unha ruta a cabalo que xuntará os cabalos e as bicicletas nunha ruta de montaña.

A xonrada dará comezo ás 10.00 horas coa concentración dos participantes no curro das bestas do Carballo. Media hora máis tarde tomarán a saída para facer o percorrido, que rematará cun xantar, tamén no curro, e que terá un prezo de 20 euros.

Pola tarde, a organización sorteará entre todos os presentes un poldro do monte nado no 2018.

Os interesados en participar poden inscribirse ata o 26 de setembro con José Manuel 647 084 545 para a ruta en bicicleta e con Toño 687 660 966 para a ruta a cabalo.

Etiquetas