Skip to main content
Actualidade

O BNG de Outeiro propón un cambio na recollida selectiva de lixo

Por 27 Setembro, 2019Sin comentarios

O BNG de Outeiro de Rei presentará no próximo pleno do Concello unha proposta para que o goberno municipal reforme a actual filosofía sobre recollida de lixo e reciclaxe, “potenciando fortemente a sensbilización social así como o traballo cos residuos de plásticos doméstos e envases de todo tipo introdindo así ao Concello na campaña mundial dd sensiblización sobre este problema”.

“Debido precisamente á proximidade coa veciñanza, as administracións locais teñen unha especial responsabilidade neste tipo de políticas, sendo a súa obriga participar activamente nestas cuestións, tanto na sensibilización da poboación cara o problema como na organización dos servizos de recollida e reciclaxe, poñendo todos os medios materiais e organizativos para conseguir o obxectivo”, explican os nacionalistas.

“No caso de Outeiro de Rei, na rede de recollida de lixo os contedores destinados á reciclaxe de plásticos para nada acadan o obxectivo, nin na cantidade de contedores existente nin na frecuencia de recollida. Mellorar estas deficiencias é a única forma de demostrar o compromiso coa reciclaxe e que realmente se queren mudar as cousas“, aclara Elvira Lombao.

Segundo indican, este tipo de contedores destinados á recollida de plásticos domésticos están presentes soamente en moi contados lugares, sendo totalmente insuficientes. Ademais desta falta de contedores, debido á propia natureza do lixo que conteñen, os que existen énchense moi rapidamente e a frecuencia de baleirado non é a axeitada. Isto provoca que sexa unha situación moi normal chegar con plásticos e envases para este contedor e atopalo totalmente cheo, co que estes plásticos rematan no contedor de lixo xenérico.

“Levamos a proposta de que todos os veciños teñan un contedor ao seu alcance para poder poñer a Outeiro de Rei na cabeza dos concellos comprometidos coa reciclaxe e a consecución dun mundo sostible, polo que esperamos que se execute esta iniciativa”, conclúen.