O Concello de Friol ofrece servizos terapéuticos de estimulación cognitiva

O Concello de Friol abre o prazo de inscrición para os Servizos terapéuticos de estimulación cognitiva que se impartirá a partir do mércores 2 de outubro.

As clases de terapia individualizada serán os luns e mércores de 16.00 a 18.00 horas no Centro Sociocultural de Friol.

Para formalizar a inscrición pode facerse de xeito presencial no Concello ou no Centro Sociocultural.

Etiquetas