Roas, en Cospeito, celebra as súas patronais

A parroquia de Roás, en Cospeito, festexa esta fin de semana a súas patronais na honra a San Miguel San Antón.

As celebracións darán comezo este sábado 28 coa misa solemne, ás 13.30 horas, seguida de procesión coa música de Gaitas Galegas. Continuarán coa sesión vermú a cargo de Kalima 3.0 que se atopa na xira Tela Voa Pega. Pola noite, esta mesma orquestra e Charleston Big Band ocuparanse da verbena.

O domigno continuarán as celebracións de novo con misma solemne, nesta ocasión ás 14.00 horas e sesión vermú prolongada coa orquestra Metrópolis, que porá o punto e final á celebración.

Pola súa banda, os veciños están convocados o 5 de outubro a unha comida veciñal, que terá lugar ás 22.00 servida por Catering Boavista. Seguirá unha verbena cunha actuación musical aínda sen desvelar.

Etiquetas