Últimos días para participar nos certame de poesía Torre de Caldaloba

O Concello de Cospeito e a Asociación Recreativa Cultural San Martiño de Pino, en colaboración con Culturalia GZ convocaron o II Certame de Poesía Torre de Caldaloba, co fin de poñer en valor este monumento histórico, promover a súa conservación e, asemade, fomentar a creatividade e estimular a creación poética.

Para todos os interesados en participar, o prazo de presentación de traballos finaliza o 4 de outubro e pode facerse por correo ordinario, no Concello de Cospeito sito en avenida Terra Chá n°29, Feira do Monte, 27377, Cospeito, Lugo; ou por sede electrónica.

Poden concorrer ao certame todos os autores que o desexen, calquera que sexa a súa finalidade, sempre que presenten as súas obras en lingua galega.

A organización deste certame estableceu dúas categorías, para menores de 18 e para maiores desta idade con dous gañadores en cada un dos grupos. O gañador maior de 18 anos recibirá 1.500 euros de premio e a publicación da obra mentres que o segundo levará un accésit. Por outra banda, o gañador infantil recibirá un lote de libros e una tablet e o subcampión terá de premio un libro electrónico e outro lote de libros.

As bases contemplan para os maiores un límite de entre 300 e 600 versos e para os pequenos o límite estará nos 60 versos. Para todos os interesados en presentar propostas, o prazo estará aberto ata o 4 de outubro e xa poden participar a través de certamepoesia.concellodecospeito.es. Os requisitos para valorar as obras serán que estean en galego e escritas a ordenador e que sexan orixinais mentres que a temática é totalmente libre.

O fallo do xurado farase público o 29 de novembro e a entrega de premios está prevista para o 14 de decembro no local social de Pino.

Etiquetas