Xermade entra no programa de compostaxe de Sogama

O Concello de Xermade solicitou a adscrición ao programa de compostaxe doméstica de Sogama co fin de introducir de forma progresiva aos veciños na reciclaxe de materia orgánica no fogar.

A través deste convenio, Sogama entregará ao goberno local 25 compostadores, duns 400 litros de capacidade e fabricados con materiais reciclados e reciclables, a igual número de familias que dispoñan de terreo, horto ou xardín, no que aplicar o compost resultante.

Así, se contribuirá a pechar un ciclo de aproveitamento dos residuos orgánicos in situ mediante a súa conversión en abono natural. Sogama tamén proporcionará ao Concello xermadés manuais didácticos de apoio para que sexan entregados aos usuarios, que lles axudarán á hora de aplicar a técnica con maiores garantías de éxito, resolver dúbidas ou emendar posibles erros no proceso de compostaxe.

Etiquetas