A área de Deportes achega 940.000 euros ao fomento do deporte na provincia

A área de Deportes achega 940.000 euros ao fomento do deporte na provincia. A Xunta de Goberno aprobou a concesión de diferentes liñas de axudas destinadas a gastos e actividades da tempada 2018-2019 por ese importe.

Así, deuse luz verde ás axudas de concorrencia competitiva a clubs e entidades deportivas da provincia, nas que se investiron 500.000 euros.

Concéderonse 332 axudas, 240 destinadas a financiar gastos derivados da actividade competitiva federada -gastos de persoal, gastos de arbitraxe e xuices deportivos, de transporte e de vestimenta e material deportivo, cun importe máximo de 4.000 euros por entidade-  e 92 para a organización de eventos deportivos en toda a provincia, neste caso, cun importe máximo de 2.000 euros.

As achegas beneficiarán a clubs e eventos de preto de corenta modalidades deportivas: fútbol, baloncesto, atletismo, ciclismo, natación, triatlón, tenis, pádel, karate, taekwondo, judo ou ximnasia e patinaxe artístico ata montañismo, escalada, waterpolo ou birlos.

Tamén se aprobaron as axudas en rexime de concorrrencia non competitiva, destinadas  a clubs con equipos que compiten na 1ª ou 2ª categoría absoluta estatal, cun investimento total de 440.000 euros.

Así, a área de Deportes achegará 138.075 euros ao Burela Fútbol Sala, 124.925 euros ao CV Emevé , 120.000 euros ao Porta XI Ensino e 57.000 euros ao Peluquería Mixta Friol.

A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, subliñou “ o gran nivel competitivo do deporte feminino na provincia xa que os catro clubs teñen equipos femininos nas primeiras ligas estatais”.

Etiquetas