Duancos acolle o 26 a IV edición da Ruta Cabalar

A parroquia de Duancos, en Castro de Rei, acollerá o 26 de outubro a cuarta edición da Ruta Cabalar, que dará comezo ás 9.45 cunha misa solemne na igrexa de Duancos en memoria de Tatiana Vázquez, asasinada en Lugo.

Ás 10.30 terá lugar a saída da ruta dende a Lenda de Quercus con almorzo antes da saída e parada con pinchos á metade do percorrido para repoñer forzas.

Esta actividade terá a súa conclusión ás 14.00 horas tamén na Lenda de Quercus, onde se fará un xantar. Para participar nesta comida non é necesario participar na ruta pero si estar anotado.

Tamén haberá sorteos, agasallos e música con Verónica Cambón.

Así, os interesados en sumarse á ruta e ao xantar deberán poñerse en contacto coa organización antes do 22 de outubro nos teléfonos 626 119 930 (Cristian) ou 619 714 820 (Mónica).

A organización lembra que esta ruta non é unha competición, é un paseo a cabalo polo que cada participante deberá responsabilizarse dos danos que poida ocasionar a súa montura.

Etiquetas