Skip to main content
ActualidadePol TERRACHÁXA

A residencia de Pol centrou a celebración do Día dos Maiores

Por 2 Outubro, 2019Sin comentarios

As tres residencias de maiores de titularidade provincial, ao cargo da Deputación, celebraron o Día Internacional das Persoas Maiores coa visita aos centros de Pol, Trabada e Ribadeo do Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón.

Rivera Capón achegouse ata a residencia de Pol, onde participou, xunto aos usuarios e usuarias, en diversas actividades pensadas para celebrar este día, co que dende a Deputación “nos sumamos á reivindicación das importantes achegas que os nosos maiores fan á sociedade, da necesidade de crear conciencia sobre as oportunidades e desafíos asociados ao envellecemento e de promover a súa atención, promoción e apoio”, subliñou o deputado.

Un photocall, baile, bingo e obradoiros foron algunha das propostas das que gozaron os usuarios e usuarias das residencias de Pol, Trabada e Ribadeo, ademais dun menú especial, que compartiron co responsable provincial de Promoción Económica e Social. Recibiron tamén como sorpresa unha mensaxe gravada de Xosé Ramón Gayoso, o famoso presentador do programa máis lonxevo da TVG, Luar.