A banda Sons e Soños realizará un intercambio coa lusa Santanense

O sábado 5 de outubro terá lugar diante do Concello de Outeiro de Rei a recepción da banda portuguesa da Sociedade Filarmónica Santanense por parte do alcalde, José Pardo Lombao, e da concelleira de Cultura, Begoña Seco, que estarán acompañados polos representantes dos Concellos de Begonte e de Rábade.

A Sociedade Musical Recreativa Instructiva e Beneficente Santanense, cuxa presidenta Marta Angelo estará presente no acto, foi fundada en setembro de 1894 e segue a funcionar de forma continuada dende ese momento polo que conta xa con 125 anos de historia e ocupa un lugar destacado entre as súas conxéneres do centro de Portugal.

A banda Sociedade Filarmónica Santanense está dirixida dende 1985 polo Maestro Francisco Relva Pereiras e ten actualmente con 63 músicos; esta banda fará un intercambio coa banda Sons e Soños da Asociación Músico Crisanto dos concellos de Outeiro de Rei, Rábade e Begonte.

A recepción por parte dos alcaldes terá lugar ás 13:00 horas diante do Concello e posteriormente farase unha pequena benvida aos seus representantes no salón de plenos; unha vez finalizado o acto, ambas bandas realizarán un breve percorrido pola rúa principal.

Etiquetas