Balsa prepara para esta fin de semana as súas patronais

A parroquia de Balsa, en Muras, celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra á Virxe do Rosario.

As celebracións drán comezo o sábado 5 de outubro cunha misa ás 13.30 horas seguida de procesión e sesión vermú que estará a cargo da orquestra Deluxe.

Pola noite a verbena estará a cargo de novo desta orquestra de Charleston Big Band.

O domingo a misa dará comezo á mesma hora e trala procesión e a verbena, que estará a cargo de Fénix.

A comisión lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

Etiquetas