Comeza en Vilalba a ximnasia de mantemento para maiores

O Concello de Vilalba vén de anunciar que en próximas datas darán comezo un ano máis as Aulas da Terceira Idade para persoas maiores de 50 anos. A Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos organiza esta actividade que permitirá realizar ximnasia de mantemento ao longo do curso. 

A cota de inscrición é de 45 euros anuais, e a duración do curso abrangue desde o vindeiro 17 de outubro ata o mes de maio incluído. As actividades impartiranse no Pavillón do IES Santiago Basanta Silva os martes e xoves en horario de tarde de 17.45 a 19.00 horas, ou de 19.00 a 20.15 horas.       

As inscricións levaranse a cabo no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Vilalba e o prazo estará aberto ata o día 10 de outubro. Así mesmo, as persoas interesadas poderán dirixirse ata este departamento ou poñerse en contacto no teléfono 982 523 032.

Etiquetas