Skip to main content
Actualidade

González Formoso solicita a incorporación de Galicia aos fondo de descarbonización da Unión Europea

Por 4 Outubro, 2019Sin comentarios

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, solicitou á Unión Europea a incorporación de Galicia ao fondo de descarbonización europeo así como a inclusión das rexións que explotan centrais térmicas con carbón.

Unha solicitude, que en palabras de González Formoso realízase por que “son fondos cuantiosos e poden ser un soporte moi importante na reactivación industrial da nosa comarca”

O rexedor efectuou esta petición durante a reunión que mantivo, en Bruxelas, coa Directora Xeral de Enerxía da Comisión Europea, Ditte Juul Jørgensen, na que tamén estivo presente o eurodiputado Nicolás González Casares.

Durante este encontro, no que se abordou a situación actual da central térmica e se avaliaron as posibles medidas que desde a Unión Europea se poden poñer en marcha en prol dunha transición enerxética xusta, o alcalde tamén lle trasladou o malestar pola modificación da regulación do mercado do CO2 “que provocou a saída do mercado das centrais térmicas, que no caso de España son só dúas, que decidiron apostar polo medio ambiente e adaptarse á directiva europea de emisións industriais”

Asemade, durante o transcurso deste encontro, puxéronse sobre a mesa as opcións que podería ter a hibridación de combustibles, onde o carbón teña cada vez menos presenza e sexa substituído por outros combustibles renovables, dentro da bioeconomía circular, que entra dentro das liñas estratéxicas da Unión Europea.

Ao término do encontro, Valentín González cualificou como moi positiva a reunión e sinalou que a Directora Xeral de Enerxía amosouse segura da incorporación de Galicia ao fondo de descarbonización, á espera do nomeamento da Comisaria Europea de Enerxía, de contrastar esta posibilidade coa Comisión de Axudas ao Estado así como do propio deseño do fondo, o que “hai que estar moi atentos para que as súas bases permitan a utilización deses recursos para a transformación dunha antiga central térmica, moi eficiente pero a partir dun combustible a erradicar por parte da lexislación europea e a substituír por combustibles renovables.