O Concello de Castro licita obras por importe de 613.000 euros

O concello de Castro de Rei vén de licitar estes días varias obras públicas que acadan un importe total de 613.000 euros distribuidas en seis bloques.

Así,  274.537 euros procedentes do Plan Único da Deputación provincial de Lugo de exercicio actual destinaranse á rehabilitación de varias as municipais do concello.

Outros 92.491 euros, procedentes neste caso do Plan de Mellora de Camiños da Xunta de Galicia, mediante o que se levará a cabo a rehabilitación de outras vías municipais.

Doutra partida de 30.000 euros, procedentes tamén da Xunta de Galicia, máis concretamente de Turismo, financiarase a mellora dos accesos ao vía crucis e monumento do Sagrado Corazón ubicado na parroquia de Santa Locaia.

Do Igvs proceden os 37.104 euros cos que se financiará a obra de rehabilitación dunha vivenda municipal no núcleo de Matodoso.

Xa con cartos tamén da Deputación provincial, 133.000 euros utilizaranse para levar a cabo a terceira fase de execución do campo de fútbol de adestramentos de Castro Ribeiras de Lea, unha obra moi demandada polos deportistas do municipio.

Finalmente, outra partida da Xunta de Galicia, nesta ocasión de Deportes, destinaranse para dar comezo ás obras de instalación de torres de iluminación no campo de adestramento de Castro Ribeiras de Lea.

Etiquetas