O Pleno de Guitiriz acorda os festivos para o próximo ano

Na última sesión plenaria aprobaron os festivos locais que terá o concello de Guitiriz o ano entrante. Quedaron definidos o martes de Entroido e o luns 3 de agosto despois do Festival de Pardiñas. Fíxose cos votos a favor do PSOE e PP e a abstención do BNG. O día de San Xoán será festivo nacional, polo que este ano escolleuse outra data.

Ademais, aprobáronse por unanimidade a modificación puntual do regulamento de réxime interior do PAI, a  caducidade do procedemento de investigación da titularidade do camiño público/vía pública que conecta a Rúa Os Casás coa Rúa Amor de Deus, que dá acceso aos portais 12,14 e 16 e incoación dun novo procedemento, así como a modificación puntual da RPT e da Plantilla de persoal.

Por outra banda, aprobouse un Recoñecemento Extraxudicial de Créditos cos votos a favor do PSOE e as abstencións de PP e BNG.

Na quenda das mocións, o BNG presentou dúas. Na primeira levaba por título mellorar a democracia e a transparencia, que foi rexeitada cos votos en contra de PSOE e PP e a favor do BNG.

A segunda, aprobada por uninimidade foi realizada en favor da liña ferroviaria A Coruña-Monforte-Ponferrada.

Etiquetas