As finais da Copa Deputación de fútbol sala serán o 1 de novembro

A Copa Deputación de fútbol sala xa ten equipos clasificados para as semifinais que se xogarán o 1 de novembro.

Na parte feminina das semifinais enfrontarase o Valdesuso Peugeot Vilalba FS ao Lieders Futsal e o Castro Bloques Cando, que pasou automáticamente pola anulación do partido contra o UD Pastoricense, xogará contra o Pizzería Bahía de Monterroso.

Da mesma maneira, os rapaces do Begonte FS enfrontaranse ao Lugo Sala, e o Valdesuso Peugeot Vilalba FS xogará co Xove.

Os partidos de semifinais terán lugar na mañá do día 1 de novembro e a final será pola tarde.

Etiquetas