Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Guitiriz impartirá en outubro cursos sobre Internet, correo electrónico e o uso de smartphones

Por 7 Outubro, 2019Sin comentarios

O Concello de Guitiriz, a través da súa aula CeMIT, impartirá neste mes de outubro dous cursos de dinamización tecnóloxica centrados no uso dos smartphones por unha banda e en coñecer Internet e o correo electrónico pola outra.

O curso para aprender a usar os coñecidos como smartphones ou teléfonos intelixentes terá lugar os luns e os xoves de 11.30 a 12.30 horas na Casa Habaneira. Está dirixido especialmente a persoas maiores interesadas en aprender a xestionar mellor o seu teléfono móbil.

O curso da Internet e correo electrónico celebrarase os martes e os xoves de 16 a 18 horas na aula CeMIT e dará comezo o 15 de outubro. Os participantes aprenderán a sacarlle o máximo partido a Internet e a comunicarse a través do correo.

Para máis información ou inscricións poden acudir á propia aula ou tamén a través do correo cemit.guitiriz@xunta.gal e nos teléfonos 982 370 109 e 982 370 062.