O Pleno de Cospeito aproba a proposta socialista para o control do xabaril

O socialistas de Cospeito recolleron o apoio unánime do Pleno sobre a súa proposta de solicitar á Xunta de Galicia que impulse unha modificación do marco legal vixente en materia de caza e xestión de fauna.

Esta moción fai referencia ás consecuencias que a acción indiscriminada deste animal está a causar nos cultivos, especialmente nos de cereais. Todos estes problemas, que son xerais en Galicia, cobran especial protagonismo neste Concello, xa que están a causar grandes destrozos na zona da Lagoa, un espazo natural protexido.

Existe tamén, como lembran os socialistas, o risco de achegamento da peste porcina africana “e a ameaza directa que supón para os centos de familias que dependen no rural do sector porcino”.

“Co obxectivo de harmonizar a coexistencia das poboacións do xabaril e a conservación desta especie, cun rural vivo e con actividade agraria e gandeira, coa seguridade da circulación viaria, e co equilibrio medioambiental dos ecosistemas naturais galegas, aos que unha proliferación desordenada desta especie, pon en perigo” fixeron esta proposta dirixida á Xunta que inclúe a elaboración dun censo de poboación do xabaril, a súa densidade, fixar medidas de control dos danos e axilizar o pago das indemnizacións aos afectados introducindo un fondo de corresponsabilidade.

XUÍZ DE PAZ

O Pleno do Concello elexiu tamén ao novo xuíz de paz, praza que ocupará José Manuel Bouza Verde e a de suplemente que oi para José Manuel Rus Rodríguez.

O pleno decidiu escoller entre os cinco candidatos que se presentaron a esta praza por sorteo xa que todos cubrían as necesidades do cargo.

Esta votación fíxose trala renuncia do candidato elexido pola Xunta e que o concello consideraba incompatible por non ser nin residir no termo municipal. A Xunta fora a encargada da selección tras un problema administrativo que impediu que esta recibira a decisión do Pleno.

PREGUNTAS

Os socialistas presentaron no pleno tamén varias preguntas que non obtiveron a contestación que esperaban. Así, interesáronse sobre as condicións do abastecemento de auga en Pino, “na que a auga sae sucia e con mal olor”, pero o Concello respostou que as analíticas afirman que está todo correcto, algo que “non cremos posible”.

Tamén preguntou sobre a planta de compostaxe Biocompost, si está a pagar os impos correspondentes e os atrasos, pero o alcalde, indicou que si pagaban agora pero non especificou canto.

Sobre a recollida de plásticos de procedencia agrícola, os socialistas recibiron a contestación de que se recollen cada 15 días e que hai unha emrpesa que o fai. Tamén lles aseguraron dende Alcaldía que se asfaltará en breve a pista que vai dende o inicio da estrada do Víncalo en Roás ata a Ponte do Somo porque está desfeita.

Non obtiveron tampouco unha resposta clara sobre os contenciosos entre o Concello e a empresa mineira Erimsa.

Por último preguntaron sobre o plan de incendios do Concello, que non tiña e que é necesario para poder subscribirse ao convenio coa Xunta de Galicia e a Fegamp para, que permite a limpeza dos montes nas distancias oblitorias. O alcalde asegurou que o convenio non está funcionando en ningún concello, pero que Cospeito xa conta co plan de incendios.

Os concelleiros do PSOE aseguraron que como non están de acordo coas respostas, pediron a documentación necesaria para comprobalo.

 

Etiquetas