Rábade prepara dous cursos para adultos

Rábade vén de poñer en marcha varios talleres, entre eles un de memoria e un de teatro que se impartirán no centro sociocultural.

O de memoria desenvolverase os luns en dúas quendas, de 16.30 a 17.45 ou de 17.45 a 19.00 horas, e o de teatro será os xoves de 11.00 a 13.00 horas.

As inscricións poden facerse no departamento de servizos sociais do Concello.

Etiquetas