Skip to main content
Actualidade

A central das Pontes reactiva un dos catro grupos de xeradores

Por 9 Outubro, 2019Sin comentarios

A central térmica de Endesa reactivou un dos catro grupos de xeradores do complexo, no que se utilizará como materia prima tanto o carbón importado como restos de biomasa e lodos.

Esto supón seguir coas probas para estudar si é rentable a mestura de ambos combustibles, cun 10-15% de orujillo de olivo, outro 10-15 % de lodos e o resto carbón, para xerar o suficiente poder calorífico para mover as turbinas e ademais lograr unha substancial rebaixa das emisións de dióxido de carbono.

Esta reactivación motivou que os transportistas comecen a poñer de novo en marcha os seus vehículos. Varios deles comezaron a transportar carbón desde o porto, onde depositan unhas 3.000 toneladas ao día, e o resto continúan cos encerros nos concellos de Ferrol e As Pontes.

Malia esta reactivación, o mércores 16 de outubro está convocada unha xornada de folga xeral nas Pontes, na que está previsto facer unha concentración en Madrid.

Finalmente, a protesta se fará ante a embaixada de Italia en España. Os camioneiros partirán o día 15 ás 15.00 horas cara Madrid mentres que os autobuses e os vehículos particulares teñen previsto iniciar a marcha ás 3.00 horas do mesmo día da folga, desde a estación de autobuses das Pontes.

EMPRESARIOS

O comité de crise volverá reunirse o xoves para seguir na busca de solucións. Os empresarios aseguran que esta situación está afectando non só aos camioneiros senón tamén aos negocios e que “o tratamento informativo que se lle está a dar fai moito dano xa que poñen as cousas máis negras do que son”. Afirman que “As Pontes ten futuro con e sen Endesa e hai que loitar porque sigan facendo probas e buscando alternativas”.