Baroncelle, en Abadín, celebra as súas festas

A parroquia de Baroncelle, no Concello de Abadín, celebrará as súas festas esta fin de semana na honra a Virxe do Rosario e o patron da parroquia Santiago Apóstolo.

A xornada dará comezo o día 12 ás 13.30 horas coa misa solemne, seguida da procesión e da sesión vermú que estará a cargo da orquestra Alianza.

Xa pola noite, poderase desfrutar da gran verbena coas orquestras Alianza e Olympus.

O día 13, repetirase o oficio relixiososo, pero nesta ocasión a sesión vermú estará amenizada pola orquestra Principal.

A organización recorda que haberá campo cuberto con carpa.

Etiquetas