Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Ao redor de 300 nenos de Guitiriz participan no programa ‘Recreos con froita’

Por 10 Outubro, 2019Sin comentarios

Esta semana o Concello de Guitiriz iniciou o programa Recreos con  froita. Ao redor de 300 nenos e nenas de entre 2 e 12 anos de 3 centros do municipio benefícianse desta iniciativa.

Participan neste programa o CEIP  Lagostelle de Guitiriz, o CEIP Santo Estevo de Parga e o Punto de Atención á Infancia. O obxectivo que persegue o goberno local é incrementar e afianzar o consumo de froita durante a infancia para reducir o consumo de procesados e de azucres nas merendas, xa que é o momento máis propicio para iso.