Skip to main content
AbadínActualidade

O Concello de Abadín destina 334.000 do Plan Único ao amaño de estradas

Por 10 Outubro, 2019Sin comentarios

O Concello de Abadín investirá no que queda de ano un total de 334.279 euros na reparación e asfaltado de camiños e pistas municipais a tenero do proxecto Acondicionamento de Camiños Munipcais en el Concelo de Lugo.

As obras, que xa están adxudicadas as empresas Blanco Trigo, Ovisa, están distribuidas en dous bloques e se centrarán en aqueles concellos que teñen os accesos e vía de comunicación en peor estado.

Así, terán lugar varias actuacións en Fanoi e na pista que vai de Bembibre a Cambia. Tamén actuarán na de Candia-As Goás e en Cabaneiro, desde o alto de Villarente a Corvite.

Tamén traballarán os accesos a Baroncelle, así como al lugar de Vilatán e na estrada ata o límite co concello de Vilalba.

Está previsto no proxecto unha actuación desde Baroncelle á escola de Moncelos pasando por Moar ou mesmo na Graña.

Estas obras están acollidas ao Plan Único da Deputación e as previsións municipais contan on iniciar as obras estes días.

Segundo explica o alcalde, José María López Rancaño, as obras consistirán na limpeza de cunetas e a mellora do trazado con aglomerado en quente.