A ITV agraria desprázase en novembro a Friol

A unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas estará en Friol no mes de novembro.

A estación itinerante estará entre os días 7 e 22 do próximo mes no mercado gandeiro. Concretamente será os días, 7, 8, 9, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 18, 20, 21 e 22.

A atención ao público será de 9:00 a 13.30 horas e de 15:15 a 18:00, agás os venres, que só terán horario de mañá.

Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902 309000 ou a través da web www.sycitv.com. A organización lembra que no se pasará inspección a vehículos con carga nin a vehículos con aperos.

Etiquetas