Castro Rei organiza unha actividade de clases de zumba para adultos

O Concello de Castro Rei organiza unha actividade de clases de zumba para adultos.

Esta actividades será en dous grupos, os de Castro Ribeiras de Lea será os martes e xoves de 19.00 a 20.00 horas nas instalacións deportivas do instituto, e os de Castro de Rei serán martes e xoves de 20.30 a 21.30 no teleclube.

As tarifas para un día a semana será de 11 euros ao mes, e para dous días 22 euros.

O inicio das clases será o 15 de outubro, e para máis información e inscricións haberá que chamar ao 982 804 773.

Etiquetas