O Concello de Xermade programa un parque en Roupar e o cambio de luminarias

O alcalde de Xermade, Roberto García, anunciou a intención do concello de realizar un parque infantil en Roupar de Abaixo con cargo ao superávit do concello, para o que poden destinar un total de 15.943 euros.

Esta obra, que xa está licitada realizarase antes de final de ano.

Por outra banda, anunciou tamén que en próximas datas acometerase a sustituticíon de luminarias en sete parroquias do concello de Xermade, unha obra que ten un orzamento de 50.490 euros. O número de luminarias a cambiar son 503 e están en todas agás Candamil, Burgás e Lousada. Esta obra tamén está incluída dentro do Plan Único do ano 2018.

Como no resto de concellos o cambio consistirán na conversión á enerxía LED que permite un importante aforro enerxético tanto en consumo como na durabilidade destas bombillas, que ademais teñen unha maior potencia de luz.

Etiquetas