Skip to main content
A PastorizaActualidade

A Pastoriza organiza a charla ‘Mulleres creando no rural’

Por 14 Outubro, 2019Sin comentarios

Para o vindeiro martes día 15 de outubro, e coincidindo co Día Internacional da Muller Rural, A Pastoriza organiza un concurso de fotografía rural “na que participaron unhas 40 fotografías das nosas mulleres nas súas diversas facetas diarias que serán publicadas a partir do mércores nas redes sociais e a que teña máis me gusta pois será a fotografía gañadora”, di a concelleira Elva Carrera.

Según Elva Carrera resulta “emocionante pensar en tódalas mulleres que moitas veces semellan invisibles, loitadoras e traballadoras diarias; e moitas sen un día de descanso; polo que tamén que a pequena presentación das fotografías en forma de vídeo que imos facer ese día sirva de homenaxe a todas elas”

Alén desta actividade, tamén se está a  organizar unha charla informativa-coloquio titulada Mulleres creando no rural, organizada xunto coa Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo “que de seguro resultará interesante: sobre empoderamento, muller rural e casos de emprendemento, impartida por Alba García, Técnica de AELU”, según indica Elva Carrera.

Elva Carrera afirma que “se está a traballar para a dinamización de diferentes actividades que den cabida á participación da muller e á visibilización do primordial que é o seu papel; non só na actividade agrogandeira como tal, senon tamén como para a subsistencia do entorno e a fixación da poboación no medio rural, do que tanto queda por debatir, traballar e facer”.