A Deputación contribúe a manter o refuxio de animais de Xermade

O presidente da Deputación, José Tomé Roca, xunto ao deputado de Participación Cidadá e alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, mantiveron un encontro no Pazo de San Marcos coa representante da Asociación Animals Help, Sonia Camino Jurado.

Nesta reunión asinaron o convenio regulador da subvención nominativa que achega a institución provincial a este colectivo por un valor de 40.000 euros. A través desta axuda, a asociación, que xestiona o refuxio de animais de Xermade, poderá sufragar os diferentes gastos para o mantemento desta canceira.

Este encontro súmase á rolda de contactos que está a manter o Presidente con representantes de diferentes colectivos sociais e municipais co fin de coñecer as súas necesidades e demandas. 

 

Etiquetas