Caldo actuará o 19 na Casa Manuel María de Outeiro de Rei

O Concello de Outeiro de Rei, organiza un concerto do grupo Caldo para o 19 de outubro ás 19.00 horas na Casa Manuel María.

Este concerto, cadrado co Día dos amigos da Fundación Manuel María, dará comezo a programación cultural do último trimestre do ano.

O concerto é de entrada libre até completar o aforo e pódense facer reservas en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no tel. 698 177 621.

O grupo Caldo, está composto por María Jorge no violín, Pedro Fariñas na guitarra e Anaïs Barbier coa voz e a pandeireta. O seu disco homónimo afonda na revisión do repertorio tradicional e en composicións propias.

Etiquetas