A unión dun pobo por unha transición enerxética xusta

Segundo todo o previsto, miles de persoas manifestaranse en Madrid e tamén nas Pontes por unha transición enerxética xusta.

Autobuses das distintas comarcas que rodean As Pontes, vinculadas tamén á central térmica de Endesa, que anunciou o seu peche definitivo, partiron de diferentes puntos de Galicia para manifestarse ante o Congreso dos Deputados.

Mentres, nas Pontes, a localidade vive a medio gas co paro xeral convocado por todos os sectores e seguido tamén por todos eles.

Ás 16.0o horas no Congreso dos Deputados espérase a unha gran parte dos manifestantes aínda que outros moitos, que non puideron viaxar a Madrid, concentrase á mesma hora ante a o Concello.

Os manifestantes acudiron a Madrid non só en autobuses fletados polos concellos, senón tamén en vehículos propios, avión e tren. Non faltarán tampouco os camións do carbón.

Etiquetas