Unhas dúas mil persoas concentráronse en Madrid pola crise das Pontes

Finalmente, centos de persoas vidas de diferentes puntos de Galicia, principalmente das comarcas máis próximas Ás Pontes, concentráronse ante o Congreso dos Diputados para pedir unha transición enerxética xusta.

Veciños, traballadores, camioneiros e poíticos unificaron as súas voces para pedir unha saída á crise que vive esta vila industrial e que afecta a moitas dos arredores.

As case dúas mil persoas que estiveron en Madrid este mércores cunha protesta masiva tiveron unha intensa actividade. Ademais de percorrer a zona con pancartas, tamén levaron a protesta ao interior do Congreso. Os representantes sindicais, empresarios e comerciantes da localidade reuníronse con deputados de PP, PSOE, Cidadáns e Unidas Podemos durante máis de tres horas para deixar clara a súa mensaxe, que a central siga a funcionar e que se asegure unha transición enerxética xusta.

Segundo anunciaron ao peche das reunións, os políticos comprometéronse a atopar unha solución e deixar a un lado as súas diferencias ideolóxicas para que o traballo de os seus froitos.

Mentres en Madrid os que puideron viaxar facía a súa protesta, o Concello das Pontes acollía outra concentración baixo unha intensa choiva co mesmo motivo. Así mesmo, As Pontes respaldou no paro xeral convocado para o mesmo día e durante 24 horas.

Estas son algunhas das imaxes que se puideron ver de xeito cronolóxico, dende a saída dos camións e os autobuses ata a manifestación.

 

Etiquetas