Programan un contacontos musical en Xermade

A biblioteca de Xermade acolle este sábado, 19 de outubro, unha nova actividade que se encadra na programación de actividades de animación á lectura que promoven a igualdade entre homes e mulleres e a loita contra a violencia de xénero nas bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia.

A actividade  leva por título Cambia o conto, conducida por Miguel Alonso, que chegará a Xermade dende Brión para darlle un enfoque diferente aos contos tradicionais. E un contacontos musical. Será este sábado, 19 de outubro, ás 12 horas na biblioteca municipal dirixido ao público infantil.

Etiquetas