A ITV agraria estará en outubro e novembro en Abadín

A unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas estará en Abadín no mes de outubro e novembro.

A estación itinerante estará no mercado gandeiro de Gontán os días 23, 24, 25, 28 e 29 de outubro en horario de 9 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas, agás o día 25 que será só de mañá.

Así mesmo, estará na explanada do campo da festa de Moncelos os días 30 e 31 de outubro e 4 e 5 de novembro, en horario de 9 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas, agás o día 31 que estará tan só pola mañá.

Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902 309 000 ou a través da web www.sycitv.com. A organización lembra que no se pasará inspección a vehículos con carga nin a vehículos con apeiros.

Etiquetas