Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

Rábade solicita ao CHMS axuda para reparar a ponte medieval

Por 21 Outubro, 2019Sin comentarios

O Concello de Rábade vén de solicitar o apoio da Confederación Hidrogáfica do Miño-Sil para poder iniciar as obras de reparación da ponte medieval e de amplicar a senda xunto o río un quilómetro máis.

Segundo informa o Concello, a ponte está moi deteriorada, con danos importantes ocasionados polo desgaste do cauce fluvial, entre o que figura o desprendemento de varias pedras.

Este viaduto, que ten un gran valor pola súa orixe medieval, non tivo ningunha reparación dende hai 15 anos, cando de cambiaron as beirarrúas de formigón por outras de adoquíns e se sustituíron as proteccións por un pretil de pedra.

Así mesmo, a intención do concello é acondicionar o último tramo da senda peonil, que vai dende a entrada ás insuas ata o límite con Begonte. Polo de agora teñen acondicionados 2,5 quilómetros e queren sumar un máis.