Muras comeza esta semana as súas actividades anuais

A vindeira semana o Concello de Muras iniciará as súas actividades socioculturais, que este ano consistirán en manualidades, adestramento funcional-pilates, pandeireta e baile galego.

Desde o Concello esperan que en xaneiro comece zumba e existe a posibilidade de poder impartir obradoiros de memoria e teatro se hai suficiente interese neles. Tamén lembran aos veciños que poden propoñer algunha actividade máis.

Para participar haberá que chamar ao 982 500 001.

Xa hai algúns horarios confirmados como o de manualidades, que será os mércores de 19.30 a 21.30 na Casa de Roucos, o adestramento funcional/pilates, que será os xoves de 19.30 a 20.30 no local social. As clases de pandeireta e baile tradicional, impartiranse os venres de 19.00 a 20.00 pandeireta e de 20.00 a 21.00 baile tradicional no local social.

Etiquetas