O 27 celébrase o Concurso de cestas de Fungos 2019 das Pontes

O domingo 27 de outubro a partir das 09.00 horas na praza de Abastos, dará comezo o tradicional concurso de cestas da Feira de Fungos e Cogumelos das Pontes.

Para concursar deberán presentarse exemplares dun mínimo de 10 especies distintas de cogomelos silvestres. Os concursantes deberán identificalos e poñer nome nos cogomelos que presenten.

Aquelas persoas que desexen participar, deberán inscribirse, antes da feira ata o venres, 25 de outubro, ás 12:00 horas no teléfono  981 440 344 ou correo cultura@aspontes.org  ou o mesmo día da Feira ata ás 10:30 horas, na praza de Abastos.

Entre os participantes repartiranse un primeiro premio de 400 euros, un segundo de 200, un terceiro de 150, un cuarto de 100 e un quinto de 75 euros.

Ademais haberá un premio especial xuvenil valorado en 75 euros e un premio especial  de 400 euros

Etiquetas