Skip to main content
Actualidade

Licitadas obras para unha senda peonil e ciclista en Outeiro de Rei

Por 23 Outubro, 2019Sin comentarios

Licitáronse contratos para as obras de execución dunha senda peonil e ciclista na estrada LU-11 en Outeiro de Rei, no polígono industrial A Matela, por un orzamento de case 390.000 euros.

As empresas interesadas na realización desta actuación poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 13 de novembro.

Os traballos teñen un prazo de execución de 8 meses e se prevén iniciar no primeiro trimestre do 2020.

Con esta actuación, fomentarase o modelo de mobilidade sostible a través da dotación da senda peonil – ciclista, identificada en base a súa funcionalidade como eixo significativo de comunicación non motorizada.

As obras consisten na execución dunha senda ao carón desta estrada de titularidade autonómica, entre as glorietas existentes para acceso ao polígono industrial A Matela, entre os puntos quilométricos 1+430 e 1+720, incluída unha pasarela sobre o ferrocarril. En paralelo á estrada existe unha vía de servizo que se atopa interrompida polo vía de ferrocarril, polo que este tramo de senda permitiría a continuidade para os peóns.

A senda terá unha lonxitude total de 245 metros pola marxe esquerda xa que evita cruces na calzada, e disporá dun ancho de 2 metros transitables, incluído o bordo, en parte sobre muros para evitar ocupacións excesivas en terreos colindantes. Nesta obra executaranse tamén os elementos de drenaxe necesarios para a correcta evacuación das augas

Na intervención se inclúe a incorporación dunha pasarela sobre o ferrocarril, adosada ao paso existente, dunha lonxitude de 16,6 metros e un ancho libre entre varandas de 2,15 metros.

As actuacións tamén inclúen a sinalización, tanto horizontal como vertical, que cómpre modificar trala execución das novas actuacións.