Loboso celebra as súas patronais a fin de semana

A localidade de Loboso, na Pastoriza celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra a San Andrés.

Os actos darán comezo o sábado 26, ás 13.30 horas coa misa solemne, seguida de procesion e sesión vermú, na que actuará Alma Latina, o mesmo grupo que se encargará da verbena da noite xunto ao dúo Merengue.

O domingo volverá o oficio relixioso á mesma hora e rematarán as festas coa sesión vermú a cargo de Eclipse.

Os asistentes disporán de carpa no campo da festa.

Etiquetas