Muras solicita voluntarios para a organización do Trail das Bestas

O Concello de Muras acollerá o 3 de novembro a terceira edición do Trail das Besta, una iniciativa subvencionada polo Concello coa que se pretende poñer en valor o concello de Muras e a Serra do Xistral.

Debido a importancia e relevancia da proba e en vista da experiencia do ano pasado, o Concello vén de facer unha petición entre a veciñanza na que pide voluntarios para colaborar nesta proba deportiva.

Os interesados en apoiar esta inciativa coa súa colaboración poden poñerse en contacto enviando un email a organización pablo@marmaroutdoor.es e poñeránse en contacto cos interesados. Os participen recibirán unha bolsa de agasallos, que inclúe un gorro polar, uns calcentíns conmemorativos da proba e un tarro de mel.

O percorrido será circular con saída e meta na Área Recreativa da Veiga despois de percorrer un circuíto marcado con cinta de balizamento e con sinais de dirección nos cruces a carón da localidade de Muras chegando á Serra do Xistral no seu punto máis lonxano.

Haberá tres distancias diferentes para percorrer. A máis dura, de 43 quilómetros, será o maratón, seguida da media maratón con 27 km. A curta e a andaina terán 14 km.

O prazo de inscrición xa está aberto e poderá facerse ata o 30 de outubro na web galitiming.com

As categorías serán: sénior masculino ou feminino -dende os 18 ata os 45 anos- e veterano ou veterana -a partir dos 46 anos tendo en conta a idade que terá o corredor ou corredora a final do ano-. Haberá trofeos para os tres primeiros de ambas categorías que serán entregados despois das dúas do mediodía.

O prezo oscilará entre os 9 euros da andaina at os 22 da maratón, sempre que a inscrición se faga antes do 24 de outubro. Se a incrición se fai entre esa data e o 30 o prezo será de entre 13 e 26 euros.

Tamén haberá servizo de conciliación coa instalación dun punto de atención aos máis pequenos e pequenas que durante a proba poderán realizar diversas actividades tal e como sucedeu o ano pasado.

A organización disporá de abastecementos, tanto líquidos coma solidos, fruta, barritas de cereais, xeles enerxéticos, auga e isotónicos. É obrigatorio por parte dos corredores traer un vaso ou sistema de hidratación para poder abastecerse nos puntos habilitados. A organización non terá vasos como unha medida de protección do medio ambiente.

Etiquetas