O Anpa do colexio Poeta Avelino Díaz de Meira busca logo

O Anpa do colexio Poeta Avelino Díaz de Meira convoca un concurso para crear o seu logo.

Con este concurso quérese potenciar a creación artística e a participación dos nenos, ademais de que poida ser utilizado pola propia Anpa.

Os diseños deberán ser orixinais e inéditos e a técnica é totalmente libre.

Poderán participar todos os nenos do Ceip Poeta Avelino Díaz de Meira, admitíndose un so diseño por neno.

A presentación do deseño farase nun sobre cos datos do participante, e deberá ser antes do 31 de outubro.

O xurado establece tres categorías infantil, primaria I e primaria II. Rematado o prazo de entrega, o xurado elexirá dous deseños de cada categoría que serán publicados no Facebook da Anpa.

De aquí salirá o logo gañador, é dicir, o que teñan máis me gustas nun prazo de 7 días.

O premio consistirá nun vale de 50 euros a canxear nun comercio da vila.

Etiquetas